Contacto +34 973 927 000 / 34 666 287 042
email: info@inscripcions.cat
 
Termos legais
 
Propiedade intelectual do web

Copyright © 2010-2017 Gestió Inscripcions i Control Curses, S.L.

www.inscripcions.cat é propiedade de GICC, S.L. co domicilio social na Av. Jaume Mestres, 27 baixos, 25310 Agramunt (Lleida), España. NIF B25708629, inscrita no Rexistro Mercantil de Lleida, volume 1233, sección xeral, folio 63, folio L-24527.

O contido deste sitio web incluíndo os textos e as imaxes está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual. A reproducción, copia, uso, distribución, comercialización, comunicación pública ou outra actividade calquera que se faiga ca información que conteñen estas páxinas web sen a autorización de GICC, S.L. é unha infracción castigada pola lexislación vixente.


Uso correcto do web

O usuario comprométese a utilizar o sitio web, os seus contidos e servizos de acordo ca lei, as condicións de cada servizo, as boas costumes e o orde público. Así mesmo, o usuario obrígase a non utilizar o sitio web ou os servizos que se ofrecen con finalidades ou efectos non lícitos, contrarios ó contido destas condicións, lesivos para os dereitos ou intereses de GICC, S.L. ou de terceiros, ou que puideran de calquera maneira dañar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar o sitio web ou os servizos que ofrece, así como impedir a normal utilización do sitio web por outros usuarios.

O usuario absterase de obter informacións, mensaxes, gráficos, debuxos, sofware e en xeral calquera tipo de material accesible a través do web, utilizando medios diferentes dos que GICC, S.L. poña á sua disposición.

O usuario absterase de manipular datos identificativos de GICC, S.L. ou servizos do espazo web www.inscripcions.cat

O usuario absterase de manipular os dispositivos técnicos de protección de contidos ou de información e en xeral de configuración do espazo web www.inscripcions.cat

GICC, S.L. resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ó web www.inscripcions.cat, nun momento calquera e sen necesidade de aviso previo ós usuarios que incumplan estas condicións.


Limitación de Garantías Responsabilidades

GICC, S.L. declina a responsabilidade derivada dunha mala utilización dos contidos do web e resérvase o dereito de actualizar, modificar ou eliminar a información contida no web e limitar ou non permitir o acceso a esta información de forma temporal ou definitiva.

A información que contén este web é a vixente na data da súa última actualización e hase de considerar como unha información orientadora para o usuario, relativa ós servizos que conteñen estas páxinas. O usuario pode confirmar a data de actualización de calquera información, pedíndoo, a traves do correo electrónico info@inscripcions.cat

GICC, S.L. declina a responsabilidade sobre calquera información non contida nestas páxinas, e polo tanto non elaborada ou publicada co seu nome. De maneira especial, rexeita calquera responsabilidade sobre a información contida en páxinas web de terceiros conectadas por enlaces (links) cas páxinas web de www.inscripcions.cat

GICC,S.L. non controla nin garante a ausencia de virus nin doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático do usuario (software e hardware) ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático. GICC, S.L. rexeita calquera responsabilidade polos danos e perxuízos de toda crase que se poidan deber á presenza de virus ou outros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos ou ficheiros dos usuarios. GICC, S.L. fará o posible por garantir a seguredade da información que lle sexa facilitada polos usuarios, apesares diso, e debido a que nas comunicacións a través de internet interveñen múltiples factores e boa parte deles fora do control de GICC, S.L. ( entre eles a propia configuración informática do usuario, a seguridade aplicada ás redes públicas de telecominicacións, etc.) GICC, S.L. non pode garantir que as transmisións de información sexan totalmente seguras.

[ Pechar fiestra ]